I+D



Infocosta. Sistema de Observación e Información do Litoral

⊕ QUÉ É Infocosta?

Infocosta é unha rede de observación e información en tempo real de datos oceanográficos, meteorolóxicos e outros eventos significativos en puntos de interese do litoral, tales como:

  • Praias
  • Paseos marítimos
  • Áreas de recreo e deportivas
  • Zonas de pesca e marisqueo

O sistema pretende, especificamente, representar:

  • Unha infraestructura para a monitorización en tempo real de datos ambientais
  • Unha vía de comunicación directa e inmediata coa cidadanía para a transmisión de información de tipo turístico, sociocultural ou de seguridade

Esta rede de observación está composta polos seguintes elementos que achegan información sobre:

  • Boia de observación in situ
    • Temperatura da auga do mar
    • Altura de onda
  • Estación meteorolóxica
    • Temperatura
    • Humidade
    • Presión atmosférica
    • Velocidade e dirección do vento
    • Pluviometría
    • Radiación ultravioleta
  • Webcam: mostra imaxes en tempo real da zona de interese onde se ubica o sistema
  • Repositorio de datos externos
    • Nubosidade
    • Altura de marea
    • Rango mareal
    • Alerta meteorolóxica
    • Probabilidade de chuvia
    • Probabilidade de vento forte
    • Alertas (riscos naturais, riscos para a saúde...
  • Portal web: amósase toda a información recopilada polos sensores e datos de orixe externa.
  • Puntos de información in situ: a través de pantallas LED amósase a información da web en lugares públicos mediante conexión a internet
  • Xeración de avisos en tempo real: os avisos, preconfigurados previamente polo propietario do sistema, son mostrados na web do sistema así como a través de mensaxes de twitter que se envían ás persoas interesadas en tempo real

⊕ CALES SON OS ELEMENTOS QUE INTEGRAN CADA SISTEMA INFOCOSTA?

O sistema Infocosta é totalmente configurable dacordo coas necesidades do cliente, podendo engadir, extraer elementos ou ben integrarse noutras redes de datos existentes.

Está formado polos seguintes compoñentes:

↳ Boia de observación in situ

A boia ten un flotador similar ás boias utilizadas no balizamento das praias para que pasen desapercibidas e minimizar o vandalismo.

A boia está instrumentalizada para medir:

  • Temperatura da auga de mar
  • Altura de onda

Estes sensores comunicarán os datos vía GPRS permitindo controlar e amosar a información recollida facéndoa útil para diversos perfis de usuarios.

As características das boias empregadas para a medición dos parámetros definidos son:

  • Microcontrolador industrial con sistema operativo embebido de alta capacidade de conectividade e baixo consumo.
  • Control de sensores, almacenamento de datos, envío automático programado.
  • Configuración do sistema de forma remota e con comunicación nos intervalos programados con terra.
  • Sistema de alimentación a base de pilas alcalinas ou baterías.

Más información dispoñible na ficha técnica

↳ Estación meteorolóxica

A estación meteorolóxica permite medir os seguintes parámetros:

  • Temperatura
  • Humidade
  • Presión atmosférica
  • Velocidade e dirección do vento
  • Pluviometría
  • Radiación ultravioleta

A estación é totalmente configurable polo que poden engadirse ou desbotarse aqueles sensores que non sexan de interese.

↳ Webcam

A instalación duhna webcam con capacidade para amosar imaxes en movemento en tempo real permite ter unha visión obxectiva das condicións meteorolóxicas e ambientais da mesma.

Este webcam amosa as imaxes en tempo real no portal web de cada sistema xunto con toda a información ofrecida polo mesmo (ver máis información a continuación).

As características técnicas da webcam a instalar depende das necesidades do cliente, no tocante á resolución, calidade de imaxe, multicámara,...

↳ Repositorios externos

Os datos externos obteranse de distintos modelos predictivos, redes de monitorización a tempo real e servizos de protección cidadá para recoller variables como:

  • Nubosidade
  • Altura de marea
  • Rango mareal
  • Alerta meteorolóxica
  • Probabilidade de choiva
  • Probabilidade de vento forte
  • Alertas (riscos naturais, riscos para a saúde...)

↳ Portal web

O portal web amosa información de distinta orixe relativa aos puntos nos que se atopa localizado o sistema InfocostaL. A visualización dos datos a través do portal web realízase tanto de forma numérica como gráfica, o mesmo tempo que permite facer ós usuarios diversas consultas. O portal web poderá amosarse tanto nun smartphone como nun ordenador. A información que pode amosar cada cliente pode consistir en:

  • Plano da zona
  • Inclusión de imáxes da zona
  • Información en tempo real das medicións realizadas polas boias e estacións meteorolóxicas
  • Información de repositorios externos
  • Ligazóns a páxinas locais para a obtención de información de interése complementaria

O sistema permite configurar de forma particular un sistema de alertas asociadas aos parámetros ambientais monitorizados, como:

  • Alerta do valor da temperatura da auga cando sexa superior ou inferior a un determinado valor.
  • Alerta en caso de que a altura de onda sexa superior a un determinado valor (útil para a práctica do surf, submarinismo, pesca desde embarcación,...)
  • Alerta en caso de que a velocidade do vento sexa superior ou inferior a un determinado valor (útil para a práctica de kitesurf, windsurf,...)
  • Alerta informando de niveis de radiación solar media-alta-extrema
  • Creación de alertas combinadas de varios parámetros en función dos potenciais usuarios de Infocosta.

Estas alertas chegan ao usuario final vía twitter; O administrador pode crear unha ou varias contas en función das alertas que queira amosar.

Por exemplo, pódese crear a conta @surf_playa_A e amosar nela mensaxes do tipo "Hoxe surf na praia A!!" cando a altura de onda supere os dous metros de altura.

En caso de ir dirixido ao usuario da praia, pódese crear unha conta do tipo @playa_B e que o sistema twitee mensaxes como "Baño ideal", cando a temperatura da auga na devandita praia supere os 20ºC.

Ademáis, o portal web contará con:

  • Área de Administrador para que o cliente poida subir información, alertas ou alarmas que considere necesarias (avisos sobre tráfico, alertas, saúde,...). Esta información amosarase tanto no portal web coma nos puntos de información in situ. Estes avisos son independentes das alertas configurables comentadas anteriormente relativas a altura de onda, temperatura da auga do mar,...

↳ Punto de información in situ

O punto de información in situ será unha pantalla/monitor con conexión a internet onde se amosará a información recollida no portal web.

Estas pantallas de información poderían situarse en zonas moi concorridas dentro de áreas urbanas (estación de autobuses, prazas públicas...) o espacios comerciales.

⊕ QUE TEN INFOCOSTA DE INNOVADOR?

O carácter innovador do sistema baséase en:

  • Estrutura tecnolóxica novidosa
  • Amplo potencial como servizo de información versátil tanto para a Administración, autoridades portuarias e cidadanía
  • Rede con diferentes aproveitamentos tanto comerciais coma de información xeral
  • Servizo de alertas e alarmas para zonas de importancia no litoral
  • Recollida de información e variables ambientais útiles para a produción de series temporais

⊕ A QUEN LLE PODE INTERESAR INFOCOSTA?

Infocosta, pola súa innovación e versatilidad, pode ter un significativo impacto como ferramenta útil de información ambiental e social e como sistema de alertas. Además a implantación de Infocosta incrementará a potencialidade e o servizo que ofrecen os espazos do litoral dende un punto de vista recreativo, turístico, de seguridade, etc... Os clientes potenciais son:

  • Administración estatal dado que a costa é Dominio Público Marítimo e está xestionada polo Estado conxuntamente coas Autonomías
  • Administracións autonómicas
  • Autoridades Portuarias
  • Confederacións Hidrográficas e institucions relacionadas para o control da calidade das augas xestionadas por estes organismos (embalses, ríos…)
  • Concellos, para monitorizar os parámetros ambientais e amosar distinta información ambiental, de seguridade ou cultural
  • Confrarías de pescadores
  • Asociacións de hostaleiros
© Sondara Solucións · R/María Berdiales 39 · 36203 Vigo · Tel: 692 021 024 · sondara@sondara.com